O PP denuncia discriminación na renovación do alumeado carballés
Temos falado do novo aforrador alumeado do Concello de Carballo. Hoxe é o PP de Carballo o que critica que haia “carballeses de primeira, segunda e terceira división”, denunciando que “a xestión do actual alumeado público segue xerando numerosas queixas entre os veciños tanto dos distintos barrios de Carballo como das parroquias”.
Denuncian dende o grupo opositor que “a xente non consigue entender como e posíbel que en tres ou catro calles do centro a iluminación sexa aceptábel e no resto de barrios de Carballo a iluminación sexa tan deficiente, alumeando mais os rótulos das comercios que as farolas”.
E vai máis alá: “A situación aínda e peor nas parroquias, como a de Entrecruces, onde se está a cambiar o alumeado retirando moitas farolas que eran moi útiles os veciños polo que agora a parroquia esta moi deficientemente iluminada”.
Así, o PP critica as medidas de aforro enerxético e avoga “porque todos os barrios de Carballo, así como as parroquias, volvan a estar axeitadamente iluminadas, aumentando a potencia das farolas e repoñendo os focos que se quitaron”.
Novas relacionadas
- Carballo aforra un 80% no alumeado público.
- Carballo.gal: Carballo xa ten apelido galego en internet.
- Varias parroquias de Carballo estrean alumeado máis eficiente.
Fonte
- Nota de Miguel Ferreiro Suárez (voceiro do PP en Carballo).