Venres. 19.04.2024
El tiempo

Os Revenidos encherán de rock e risas o Casino1889

Os Revenidos no Casino1889 Carballo
Os Revenidos encherán de rock e risas o Casino1889
Volve o Casino1889 de Carballo á carga con novos eventos culturais. Desta volta coa chegada da banda "Os Revenidos", unha banda arteixá, nada en 1993, que versiona grandes éxitos de todos os tempos, trocando os textos en clave de humor. Teñen 14 discos imaxinarios nos que homenaxean a ACDC, Bety Misiego,  Maná, Raphael,  Europe, Tanxugueiras, Opus, Pink Floyd, Xil Rios, Spice Girls ou Os Breogáns, entre moitos outros artistas.
 
Será o próximo domingo día 6 de novembro, a partir das 18h. Pódense reservar as entradas no noso email [email protected] e pagar en taquilla o día do concerto: 5€ para non socias e 4.50€ para socias. As crianzas menores de 12 anos entran de balde.

Aquí unha versión das Tanxgueiras...

Comentarios