Sábado. 12.10.2024
El tiempo

Un incendio afectou a dous silos dunha fábrica de madeira de Coristanco

Un incendio afectou a dous silos dunha fábrica de madeira de Coristanco

Os efectivos dos parques comarcais de bombeiros de Arteixo e Carballo traballaron ata ben entrada a madrugada na extinción dun lume que afectou a dous silos dunha fábrica de madeira situada no lugar de Braña, no límite entre os concellos de Coristanco e Carballo.

Por fortuna, ninguén resultou ferido, mais o tipo de material almacenado nos silos –semellante ao serrín aglomerado- prolongou as tarefas de extinción do lume. Segundo explicaron os bombeiros, o incendio puido orixinarse nun dos silos e, por medio dun conduto que os une, pasou a un segundo, que tamén se viu afectado. Foi un veciño quen se decatou do lume e chamou ao 112 Galicia arredor das 21 horas de onte. A partir de aí, o persoal do Centro de Atención ás Emerxencias (CAE) 112 Galicia activou un operativo no que, ademais dos Bombeiros de Carballo e Arteixo, participaron os membros do GES de Ponteceso e Protección Civil de Carballo e Coristanco. Tamén foron informadas as forzas da orde e a Consellería do Medio Ambiente a través de Augas de Galicia.

Fonte

  • 112.

Comentarios