Martes. 02.03.2021
El tiempo

Vieiro lembra a importancia de non esquecer outras enfermidades no Día Mundial da Sida

vieiro dia mundial sida 2020 mascara
Vieiro lembra a importancia de non esquecer outras enfermidades no Día Mundial da Sida

Desde a Asociación Vieiro aproveitan que o 1 de decembro é o Día Mundial da Sida, para lembrar a importancia de non poñer o foco unicamente no covid-19. A entidade pensa en todas as persoas afectadas por VIH, e lembra a todas as que faleceron, facendo unha reflexión sobre a interrelación entre a saúde e outros problemas como a desigualdade, os dereitos humanos, a igualdade de xénero e a protección social .

Con todo isto en mente, o lema do Día Mundial da Sida este ano é «Solidariedade mundial, responsabilidade compartida».

A entidade fai fincapé na idea de “non deixar ninguén atrás” e sinala que para combater as enfermidades “é clave eliminar o estigma e a discriminación, poñer ás persoas no centro da pandemia, basear as nosas respostas nos dereitos humanos e adoptar enfoques con perspectiva de xénero”.

Novas relacionadas

comentarios