Xoves. 02.05.2024
El tiempo

Un Xestal de madeira homenaxeará a súa figura en Lema

talla madeira xestal razo
Un Xestal de madeira homenaxeará a súa figura en Lema

Durante esta pasada semana, o coñecido artista e artesán Yosi estivo esculpindo en Razo un tronco de 80 cm de madeira (doado por un veciño de Pardiñas, que quixo amosar deste xeito o seu recoñecemento e aprezo polo Xestal), ata convertilo en Xestal. A elaboración, parte do programa Eu quero Razo-Baldaio espertou moita curiosidade,pero a escultura terá o seu emprazamento definitivo na veciña parroquia de Lema, onde Carlos Díaz viviu durante
vinte anos.

O acto de inauguración levarase a cabo o 8 de agosto, coincidindo co 90º aniversario do seu nacemento.

O obxectivo do Ano do Xestal é poñer en valor unha figura que marcou o mundo do espectáculo en Galicia. Carlos Díaz foi o artista líder en vendas de discos non musicais. Os seus contos percorreron o mundo e convertérono nun fenómeno de masas.

Comentarios