mércores. 30.04.2025
El tiempo

A Escola de Música fai vibrar a todo Carnota

A Escola de Música fai vibrar a todo Carnota
Cheoa rebentar no Salon de Actos do Concello para a clausura da Escola de Musica de Carnota

Unha vez máis o salón estivo ateigado de xente para ver aos artistas municipais en pleno directo, onde non collía nin unha formiga. Con puntualidade inglesa, os presentadores (Claudia Castro e David Vila) arrincaron ás 19:30h co espectáculo. Empezou a actuación da Coral Polifónica da ESMU de Carnota, grupo reducido pero de impresionantes voces, que levantou os primeiros aplausos.

Dende aí, os artistas fixeron pasar ao público por diferentes épocas e estilos, posto que houbo recitais de música clásica, pop, jazz, rock e folk.

O máis salientable deste festival foron as actuacións grupais, xa que non houbo máis que 4 solistas (dous ao piano, un á percusión e unha nena coa súa melodiosa voz). Máis de 15 rapaces con candansúa guitarra española interpretaron 7 pezas populares, as pandereteiras fixeron un excelente repertorio popular, un combo de jazz deixou ao público adulto coa boa aberta, os combos de roxc e pop non fallaron, un combo folk fixo unha excelente adaptación de “o son do ar” de Luar na Lubre, grupos de rapaces á percusión, o grupo de música tradicional formado por 16 membros levantou ao público, e como colofón, a Orquestra Orff con 24 neno/as interpretando “Osito gominola”.

Ao remate os asistentes felicitaron aos cinco mestres pola gran laboura feita e conseguida, coa promesa de estar na primeira quincena de setembro de volta para as matrículas.
Finaliza así un curso máis con óptimos resultados, e agora, a desfrutar das merecidas vacacións!

Os 5 mestres da Escola de Musica de Carnota Tocando a guitarra os pequenos da Escola de Musica de Carnota Unha de rock na Escola de Musica de Carnota

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da Esmu de Carnota da man de Alianza Uhia.

Comentarios