Venres. 26.04.2024
El tiempo

3 novos barcos irán ao longueirón na Reserva Mariña dos Miñarzos

3 novos barcos irán ao longueirón na Reserva Mariña dos Miñarzos
Onte outorgaba 2 novos Permex para a confraría de Fisterra. Hoxe, toca Carnota e a Reserva Mariña dos Miñarzos, en Lira. A Consellería do Mar permite que se incorpore á explotación de longueirón 3 novas embarcacións do censo da reserva mariña dos Miñarzos, cada unha delas con 3 mergulladores.

Novas peticións

Para poder optar aos permisos de explotación, os solicitantes deben presentar a documentación requirida pola Consellería do Mar. O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días hábiles dende o día da súa publicación no taboleiro de anuncios das confrarías. As solicitudes presentaranse no rexistro do Departamento Territorial da Consellería do Mar na Coruña ou en calquera rexistro público que teña convenio coa Xunta. Unha vez rematado o prazo de solicitude, a Consellería do Mar procederá á súa valoración. A selección farase de conformidade aos baremos aprobados pola Dirección Xeral de Recursos.

Homenaxe ao Patrón

Faltan un día para a homenaxe ao ex Patrón Maior da Confraría de Lira, José Manuel Leis. E xa están preparadas os case un cento de persoas que acodirán.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da Xunta.

Comentarios