Mércores. 09.10.2024
El tiempo

9 mercados ecolóxicos en forma de pléiades en Quilmas

9 mercados ecolóxicos en forma de pléiades en Quilmas
VI Mercado Ecoloxico de Quilmas

Como dunha aldea gala se tratase, os bravos da Cooperativa de Agritcultura Ecolóxica Raínha Lupa de Quilmas, vai ao seu. Mentres por na capital carnotá seguen en marcha cos seus mercados tradicionais, e xa pensa na Mostra Víndemo Ver, a cooperativa mantén o seu programa de mercados, senporsen ecolóxicos.

De feito, a entidade deixou de participar na Feira de Produtos Locais ao entender que certos produtos non son propios da terra, como o peixe de piscifactoría. Así e todo, continúan convertindo Quilmas nun oase de agricultura ecolóxica na Costa da Morte.

Se ben de xuño a setembro haberá 8 novos "Mercados Ecolóxicos pola Defensa da nosa terra", o primeiro deste 2013 será en Semana Santa, paralela á Mostra Víndemo Ver. O venres 29 de marzo de 10:00h a 19:00h no campo da feira. Haberá produtos labregos de tempada, pero tamén oficios artesáns, produtos de cosmética e botica natural, e varios colectivos e asociación conservacionistas cos seus postos informativos.

Os mercados terán unha anfitriona moi especial. Esta burriña de 25 xenerosos anos foi acollida na Raínha Lupa en xaneiro. Quilmeña de pro, coñece ben onde están os mellores pastos, agora por fin está “xubilada”, e sae a pacer e abonar as nosas terras os días soleados.

A nova burra de Quilmas

Un calendario de Pleiades

Case de xeito definitivo o calendario de mercados ecolóxicos que terán lugar en Quilmas este ano 2013 ten un simbolismo especial. As pléiades son un cúmulo de estrelas que no ceo están entre as constelacións de Tauro e Orión. En diferentes culturas a súa presencia no ceo daba o sinal dos cambios de estación de guiaban aos pobos labregos e mariñeiros de todo o mundo (vese en ambos hemisférios) indicando as épocas de cultivo e viaxes máis favorábeis. No equinoccio de primavera, 20 ou 21 de Marzo, estas estrelas son visíbeis só despois da posta do sol, que nesta época do ano ponse xusto ao Oeste, tralo Cabo Fisterra. Así que poderemos disfrutar dende O Campo da Feira dunha singular posta de sol.

Calendario, en forma de pléiades, dos Mercados Ecoloxicos de Quilmas no 2013

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios