Sábado. 18.05.2024
El tiempo

Carnota quere estabilizar a súa Feira de Produtos Locais do primeiro sábado de mes

Carnota quere estabilizar a súa Feira de Produtos Locais do primeiro sábado de mes
Feira de Produtos Locais 02-13 Carnota

A deste sábado día 2 de febreiro será a segunda feira de produtos locais de Carnota, coa cal o Concello pretende afianzar esta idea e facer do mercado local unha cita mensual ineludible. A feira será o primeiro sábado de cada mes.

O pavillón Polideportivo Municipal encherase de veciños da zona que veñan a vender, e a mercar, os seus produtos. Nel poderemos atopar dende galos de curral, coellos, ovos, mel, filloas, produtos da horta, artesanía, peixe, etc…Todo produtos da casa, de primerísima calidade, moito máis ecolóxicos dos que venden nos supers e nas tendas especializadas como tal.

A idea é fomentar a agricultura e as explotacións de produción animal como medio de vida, coa intención de que volvan crear emprego e fixen poboación nas zonas rurais, podendo ser unha alternativa sobre todo no momento actual.

Iso si, non estarán os bravos da Cooperativa de Agricultura Ecolóxica de Quilmas, ao non entenderen que a piscifactoría participe no mercado vendendo o seu rodaballo.

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Carnota.

Comentarios