Martes. 30.04.2024
El tiempo

A Asociación Monte Pindo Parque Natural critica os intereses da Xunta para co macizo carnotán

A Asociación Monte Pindo Parque Natural critica os intereses da Xunta para co macizo carnotán
O pasado venres coñeciamos os novos plans da Xunta de Galicia para instalar 3 novos parques eólicos arredor do Monte Pindo. Uns plans que para a Asociación Monte Pindo Parque Natural explican o por que da Xunta de non querer crear o Parque Natural no macizo carnotán nesta lexislatura. Denuncian dende a entidade que os 3 parques proxectados "levaban máis de 6 anos no caixón e foran concedidos sen concurso nos últimos días do executivo de Manuel Fraga". Agora a Xunta acaba de darlle permiso a Eurovento para continuar coa tramitación dos proxectos "cunha declaración de impacto ambiental -que sería redactada pola propia empresa", segundo a Asociciación. "A Xunta non só antepón intereses empresariais e económicos aos dos veciños, senón que entrega a unha empresa nada menos que o poder de modificar ao seu antollo a paisaxe de toda a zona", sentencian en clave de denuncia.

Invandindo ata o Camiño

Continúan avisando de que "os muiños de vento proxectados nin sequera respectan as zonas que xa están protexidas, chegando a invadir as inmediacións do Camiño de Santiago, dominios recollidos na proposta de ampliación do LIC Carnota-Monte Pindo, zonas de petroglifos, dolmes e mámoas, e incluso hábitats prioritarios e humidais inventariados".

Repercusión na zona

A direciva da asociación lembra que "a zona xa está ateigada destas instalacións que apenas repercutiron na mellora real da calidade de vida do entorno, e esiximos que se permita repotenciar a esta empresa outros parques eólicos onde o dano paisaxístico e ambiental sexa menor".

Novas relacionadas

Máis información

Novas informativas

Fonte

Comentarios