Martes. 07.04.2020
El tiempo

A Costa da Morte prepárase para recibir o evento deportivo máis importante da súa historia

A Costa da Morte prepárase para recibir o evento deportivo máis importante da súa historia
A Costa da Morte dende as alturas na Vuelta 2012

Queda só unha semana para que a febre ciclista invada a Costa da Morte. Este xoves 30 de agosto o sur da Costa da Morte, dende Muros ata Dumbría atravesando Carnota, vivirán con especial fincapé a Vuelta Ciclista a España 2012. I é que non tódolos días pasa a terceira proba máis importante dun deporte pola nosa bisbarra.

De feito, podemos falar do evento deportivo máis importante da historia da Costa da Morte. Un evento que traspasa as fronteiras do propio deporte e se convirte nun escaparate mundial. I é máis de 150 países disfrutarán coas fermosas imaxes aéreas das nosas costas, dende a ría de Muros pasando por Carnota e rematando no fermoso alto do Ézaro, cara a cara co Monte Pindo.

Algunha das etapas do ano pasado foron seguidas, só en España por máis de 2 millóns de persoas a través da televisión, e mesmo pasaron do millón e medio de espectadores in situ. Polo que se prevé unha boa abalancha de visitantes para estes días.

Últimos detalles

O Concello de Dumbría xa está perfilando os últimos detalles. Estes días entán acabando de asfaltar a subida con beirarrúas, pois se ampliou cun paseo para os peatóns. Toda a montaxe dos palcos, escenarios, televisións... chegará o día anterior o fará por detrás, por Santa Uxía, ante a imposibilidade de rubir os camións as rampas do Mirador.
Ademais, os medios terán o centro de operacións nas modernas instalacións do Conco.

Outro dos asuntos máis esperados é ver o Trofeo de Gañador de Etapa. Este sábado ás 12:30h terá lugar a presentación do Trofeo de gañador de etapa, feito por Nacho Porto, que se trata dunha escultura da Pedra Cabalgada.

O Percorrido

Perfil da etapa 12 da Vuelta 2012 con final no alto do Mirador do Ézaro

O Percorrido desta estapa 12 partirá de Vilagarcía de Arousa, e entrará na nosa bisbarra por Esteiro, en Muros, arredor das 16:20-16:30h. Pasará por Serres e pola rúa Bellavista e Agra de Baño, cun sprint intermedio na Avda. Castelao.

Atravesará Muros e pasará por Louro para entrar xa no Concello de Carnota, por Lira, contra ás 17:00h. O pelotón atravesará coma un raio a vila carnotá e pasará polo Viso, Caldebarcos, Quilmas e O Pindo para afrontar o gran final de etapa.

A chegada, prantexada sobre ás 17:30h, ao Mirador do Ézaro, porto de 3ª categoría de 2 km, será espectacular. Diso dan conta as rampas do 28% e o perfil medio do 13,1%. Será día para escaladores explosivos como Purito ou Valverde. Haberá que estar atentos a Purito Rodríguez, que xa está líder da Vuelta arrasando nas subidas en alto, e onte vencía en Jaca.

Unha chegada que dará que falar, e, de feito, dende a organización xa aseguraron que a Vuelta volverá por aquí.

Para que vos vaiades preparando...

Tamén polo norte

Ollo, que por Santa Comba tamén están pendentes, pois o día 31 tamén verán o pelotón pola Rúa Salgueiros e mesmo por Castriz. A chegada dese día será en Ferrol tras saír de Santiago, pasar por Negreira, a zona do Xallas e Coruña.

En fin, uns días nos que o ciclismo será o verdadeiro protagonista da Costa da Morte.

Máis info

Novas relacionadas

Outras novas

Fonte

comentarios