![Ni Fu Ni Fa actuou en Carnota]()
Ni Fu Ni Fa actuou en Carnota
Os veciños e veciñas de Carnota andan estes días moi musiqueiros co gallo da celebración da semana da Música e que conseguiu xuntar a xente de todas as idade.
Ni Fu Ni Fa Animación encargouse de ofrecer unha divertida actuación musical que tivo organizada polo departamento de Cultura do concello e que contou coa colaboración da Deputación da Coruña.
Outra das actividades que gustou entre veciñanza foi o
concurso musical "Desafinando" no que participaron máis de 30 persoas de todas as idades. O evento tivo lugar o pasado luns 23 de novembro.
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.gal)
- Concello de Carnota