A parroquia carnotá de Mallou acolle hoxe unha nova sesión informativa do BNG sobre a Lei de Augas

A parroquia carnotá de Mallou acolle hoxe unha nova sesión informativa do BNG sobre a Lei de Augas

Continúa a campaña do BNG contra a Lei de Augas parroquia por parroquia. En concellos como Fisterra ou Vimianzo os grupos municipais xa teñen comezado a campaña.

Igual que en Carnota, onde logo do éxito das celebradas en San Mamede e Caldebarcos, o BNG de Carnota continúa agora en Mallou a súa campaña informativa porta a porta sobre a Lei de Augas. Lei pola cal "a Xunta pretende estabelecer gravames por toda utilización da auga por parte dos veciños, incluso os pozos particulares e as traídas veciñais", segundo entende o grupo.

A charla informativa terá lugar no local veciñal de Mallou o xoves 23 de decembro, ás 20:00h da tarde.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do BNG de Carnota.

Comentarios