A parroquia carnotá de Mallou acolle hoxe unha nova sesión informativa do BNG sobre a Lei de Augas

10:13 23/12/10

Continúa a campaña do BNG contra a Lei de Augas parroquia por parroquia. En concellos como Fisterra ou Vimianzo os grupos municipais xa teñen comezado a campaña.
Igual que en Carnota, onde logo do éxito das celebradas en San Mamede e Caldebarcos, o BNG de Carnota continúa agora en Mallou a súa campaña informativa porta a porta sobre a Lei de Augas. Lei pola cal "a Xunta pretende estabelecer gravames por toda utilización da auga por parte dos veciños, incluso os pozos particulares e as traídas veciñais", segundo entende o grupo.
A charla informativa terá lugar no local veciñal de Mallou o xoves 23 de decembro, ás 20:00h da tarde.
Novas relacionadas
- A Xunta non creará nesta lexislatura o Parque Natural Monte Pindo.
- O BNG de Carnota clarexa a críticas de Tomás Freire e loita contra a Lei de Augas polas parroquias.
- O BNG fisterrán recolle firmas contra o canon da auga.
Fonte
- Nota de prensa do BNG de Carnota.