A Semana Santa terán o relevo nos Remedios de Lira

09:11 27/03/12

Trala cargada Semana Santa carnotá, chegarán as Festas dos Remedios a Lira. Unhas festas ben cargadiñas, con 3 dias (9, 10 e 13 de abril) cargados de honras e festas.
O luns 9 de abril, rematada a Semana Santa, en canto vexan á Charanga Vendabal polas rúas lirachas xa notarán que seguimos en festa.
Para o martes xa chegan as orquestras e ademais das misas, charangas e bandas de música, a sesión vermú e a verbena serán coa Panamá.
Pero o gran día será o venres 13, cunha espectacular verbena das Orquestras Cinema e Philadelphia. Todo baixo carpa, por se chove, malia que polo de pronto, non ten visos...
Novas relacionadas
- As caravanas volverán tomar Carnota.
- Carnota amosa a súa artesanía local por Semana Santa.
- Fisterra si terá Festas do Cristo.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).