O alumnado de Carnota identifica cun premio a Soidade non desexada na escola

Gran alegría polo CEIP de Carnota tras gañar un premio na 41º Liga da ONCE contra a Soidade non Desexada. O alumnado de 6º Primaria, fixo un traballo colaborativo no que trata de reflexionar e tomar conciencia sobre esta problemática. Porque se ben o acoso escolar é máis perceptible, a Soidade non desexada non é fácil de identificar, e esta iniciativa serve para que a rapazada identifique mellor eses compañeiros e compañeiras que se sinten máis sós no patio.
Fixeron un escudo, unha proposta de actividades para o patio e unha descrición, que podedes ver pinchando aquí e buscando por “Galicia”.
Pero o longo proceso de traballo, que durou 3 semanas, permitiu que realizasen unha serie de accións que non entraban no concurso, pero que serviron para completar moi ben a sesión.
Unha das accións foi a creación dun himno, utilizando Intelixencia Artificial. Tamén analizaron as fortalezas individuais e grupais para combater esta problemática e mesmo simularon cun videoxogo.
Propuxeron unha serie de accións para identificar e paliar estas situacións no patio, como practicar xogos que lle poidan xogar a todo o mundo, como "paxariño inglés", "pilla-pilla", escondite, estatúas musicais, brilé, zumba…
Ademais, propoñen que “os nenos e nenas que teñan algún tipo de dificultade pola súa idade, mobilidade, comunicación, discapacidade, timidez... irán acompañados de un alumno ou alumna maior aceptado por el ou ela que o acompañará e lle axudará en todo momento a enteder e participar na actividade”.
Así, á hora de decidir os xogos, haberá un panel onde anotar propostas de xogos, que se irán poñendo en marcha”.