Xoves. 10.10.2024
El tiempo

Apadriña unha árbore no Monte Pindo

Apadriña unha árbore no Monte Pindo
Apadrina un carballo no Monte Pindo como fixo Quino Pais

O ideal sería que dende a Xunta propuxeran un proxecto de reforestación integral e autóctona da superficies calcinadas polo lume coma o Monte Pindo. Pero sabemos que estas propostas nunca chegan (de feito hoxe mesmo Alfonso Rueda aseguraba que a Xunta non vai facer traballos de prevención contra as escorrentías), e que a cidadanía ten que porse por diante. E nesas Quino Pais, veciño do sur da bisbarra que se arrincou ao Olimpo Celta para prantar 15 carballos e outros 15 castiñeios no camiño cercano o Pedrullo.

Quino fai extensible esta iniciativa baixo o lema "Apadriña unha árbore no Monte Pindo", co afán de que sexamos moitos os que nos propoñamos rexenerar o monte coas nosas propias mans. "Os que eu plantei xa me vou encargar eu mismo de que medren ben, de que non teñan toxos o arredor nin pinos", indica Pais. Agora o resto tócanos a nós.
Quino apunta que polo menos nas zonas que teñen bastante terra no camiño cara A Moa, tales como o camiño ata o Pedrullo, o Chan de Lourenzo ou o camiño da Casa da Xoana, poidan medrar con árbores autóctonas.

A cousa sería tan sinxela como facernos cun ousiño, e unha ducia de carballos ou castiñeiros, que podemos conseguir nalgunha floristería, por exemplo en Quilmas, ou nalgunha vila das proximidades, e arrincar cara o monte e ir prantándoos ordenadamente.

Carballos para resembrar o Monte Pindo

Unha iniciativa conxunta

Dende aquí chamamos a todas as entidades que teñan relación co Monte Pindo, dende a Asociación Monte Pindo Parque Natural, á Asociación Pedramar, á Cooperativa de Agricultura Ecolóxica, ás Comunidades de Montes de Caldebarcos, Panchés, San Mamede... que superen algunhas rivalidades e que promovan unha iniciativa que vai ser positiva para todos.

Plantando Carballos e castineiros no Monte Pindo-Foto-Quino Pais

Novas sobre incendios

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios