![Un total de 110 nenos e nenas participan no campamento de veran de Mazaricos]()
Un total de 110 nenos e nenas participan no campamento de verán de Mazaricos
Foron varios os concellos da Costa da Morte os que onte puxeron en marcha os campamentos de verán. A idea é conciliar a vida laboral e familiar dos veciños e veciñas cunha oferta de actividades lúdicas e deportivas que ocupan unha boa parte da mañás de verán dos máis pequenos.
Vimianzo
![Marta Rey, concelleira de Cultura de Vimianzo, recibiu onte aos particpantes do Pequecampamentos Vimiveran]()
Marta Rey, concelleira de Cultura de Vimianzo, recibiu onte aos participantes do Pequecampamentos Vimiveran
Dende onte e ata o venres, un total de 40 nenos e nenas de Vimianzo con idades comprendidas entre os 3 e os 5 anos comezaron as actividades do Pequecampamento Vimiverán. Marta Rey, a concelleira de Cultura, Deporte e Mocidade de Vimianzo foi a encargada de recibir aos participantes.
Ademais de xogos e talleres os participantes farán unha "pequeandaina" para visitar os Batáns do Mosquetín. O Pequecampamento remata o venres cunha pequefesta con inchables
Malpica
![Os mais pequenos de Malpica comezaron onte o campamento de veran que durara ata o 31 de agosto]()
Os máis pequenos de Malpica comezaron onte o campamento de verán que dura ata o 31 de agosto
Onte tamén tivo lugar en Malpica a primeira xornada do campamento urbano infantil. Participan un total de corenta rapaces e rapazas dividos en dous grupos por idades. As distintas actividades prolongaranse ata o 31 de agosto e desenvolvense no centro cívico da vila.
Mazaricos
Un total de 110 participantes comezaron onte en Mazaricos o campamento urbano que se prolongará até o día 15.
Zas
![En Zas celebraron o pasado sabado a festa infantil]()
En Zas celebraron o pasado sábado a festa infantil
Coa resaca da festa infantil do pasado sábado, os máis pequenos de Zas comezaron onte os campamentos urbáns e deportivos que lles oferta o concello. Esta semana é o turno dos de Baio que realizarán distintas actividades lúdicas e deportivas no centro sociocultural e no pavillón de deportes da vila. O turno dos de Zas é a próxima semana, do 11 ao 15 de xullo.
Carnota
En Carnota arrancou tamén o campamento de conciliación Aldea de Verán organizado polo departamento de Igualdade do concello.
Novas relacionas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)