Buscando #Carnotánspolomundo a través da rede
19:00 27/03/15
Fermosa a iniciativa da comunidade de Facebook Carnota A Coruña. Unha das páxinas costeiras na rede social que máis tempo leva espallando o nome do seu concello e da Costa da Morte, e que sempre o fai desinteresadamente.
A nova iniciativa chámase ”Carnotáns polo mundo” e pretende achegar á realidade da diáspora carnotá pola rede. E abofé que triunfará dada a cantidade de carnotáns que andan a día de hoxe emigrados por aquí e por alá.
Falamos por exemplo de todos eses Carnotáns de NYC que nos presentaba Manuel Vilar, desa xente que anda por Londres, por Madrid, Barcelona ou mesmo por Qatar. Esquezan a vergola inicial e manden os seus vídeos a través do Facebook para saudarnos á rede costeira e contarnos como vivides por aló.
Por agora, os amigos de Carnota A Coruña, xa teñen 3 participantes e xa estamos desexando ver os seus vídeos.
I é que a proposta pide aos carnotáns ou descendentes de, que lles mandedes un vídeo, feito co móbil se ques sen complicacións, dicindo: quen es, de que casa ou familia es, de que parte do concello es, onde te encontras e o saúdo que ques mandar ou as palabras que queiras dicir. Aos turistas tamén lles pide colaboración, e mesmo aos veciños, e podedes envialos a carnotacorunha@gmail.com ou carnotacorunha@hotmail.com.
A primeira veciña emigrada
Alba Lago, viguesa pero filla adoptiva de Caldebarcos, a muller do "Tempo de Telecinco", mándanos un saúdo dende Madrid.
O prometido é debida! E aquí tendes o primeiro vídeo de CARNOTÁNS POLO MUNDO. Como sabedes, turistas e amantes da nosa...
Posted by Carnota A Coruña on Venres, 27 de Marzo de 2015
Anímense carnotáns do mundo!
Novas relacionadas
Serie “De Carnota a Astoria: “Vin porque me trouxeron, non quería vir””, por Manuel Vilar
- (VI) – A estratexia do retorno e idealización do lugar de orixe.
- (V) – A chegada: casa e traballo (II).
- (IV) – A chegada: casa e traballo (I).
- (III) – ¿Por que veñen?.
- (II) – A emigración de Carnota en Nova York (II).
- “Vin porque me trouxeron, non quería vir”. De Carnota a Astoria. A emigración de Carnota en Nova York (I).
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).