Xoves. 12.09.2024
El tiempo

Buscando os mellores regueifeiros de Carnota

Buscando os mellores regueifeiros de Carnota
Concurso Regueifas de Carnota 2017

Andan recuperando as historias daqueles Seráns. E queren facelo mesmo coas regueifas, outro dos tesouros do noso patrimonio inmaterial: a regueifa, eses 4 versos rimados octosílabos, que tanto definen a nosa idiosincrasia e a nosa retranca.

Seguindo o espírito da Regueifesta, o Departamento de cultura do Concello de Carnota abre así o I Concurso de Regueiras para escolares e adultos. E veñen de presentar as bases. As regueifas deben constar dun mínimo de 4 estrofas escritas en lingua galega. Valorarán a sátira, a crítica e a valentía, sendo a temática libre.

Establécense tres categorías para os participantes adultos; O MELLOR REGUEIFEIRO, A MELLOR REGUEIFEIRA e A MELLOR REGUEIFA COLECTIVA.
Para os centros escolares e nen@as, establécese unha única categoría: A MELLOR REGUEIFA COLECTIVA.

*As regueifas presentaranse nas oficinas de Cultura e Deportes do Concello de Carnota en horario 8:00 a 14:30 en días laborais, ou ben no colexio onde estudan os participantes, ata o martes 21 de febreiro de 2017, inclusive. Deberán ir acompañadas dos datos do/a participante: nome e apelidos, idade, curso e colexio.

Novas relacionadas

  Fonte

Comentarios