mércores. 30.04.2025
El tiempo

Buserana e Galiza Nova organizan actividades en clave feminina

Buserana e Galiza Nova organizan actividades en clave feminina
Este ano o Día da Muller coincidiu co Entroido. Polo que moitas das actividades dos colectivos sociais da bisbarra quedaron pendentes. Esta fin de semana hai sesión completa en clave feminina, e a asociación feminista Buserana, así como o colectivo Galiza, artellan actividades.

Buserana

O venres 11 de marzo ás 20:00h, o Colectivo Buserana organiza a súa tradicional concetración na Pza. 8 de Marzo de Cee. De seguido, no Salón de Plenos da Casa do Concello, terá lugar unha Charla-coloquio baixo o lema "Mulleres Traballadoras Inmigrantes". A poñente será Tareixa López Villaverde. Ademais, o sábado 12 de marzo, se 10:30 a 13:30 e de 15:00 a 19:00h, o IES vello de Cee acollerá o Obradoiro Toleando o corpo.

Galiza Nova

O Colectivo de Galiza Nova organiza esta fin de semana dous actos relacionados co Día da Muller para esta fin de semana. O venres 11 de marzo, ás 20:00h no Restaurante Fin do Camiño de Fisterra, terá lugar a presentación da veciña de Sardiñeiro Zaira Trillo como nova Resposable de Mulleres de Galiza Nova Costa da Morte. A cita completarase coa p roxección do filme galego SEMPRE XONXA, de Chano Piñeiro. A sesión tamén contará coa presencia da poeta fisterrá Mónica Góñez e Modesto Fraga,candidato do BNG en Fisterra, membros do sonado Batallón Literario da Costa da Morte. Para o sábado 12 de marzo, ás 19:00h e no Bar Pedra Pas, no porto de Lira, queda unha charla coa propia Zaira Trilloe mais con Belén Campos, Responsable local do BNG de Carnota. Na sesión tamén intervirán Merche Díaz: Ex concelleira de servizos socias, familia e muller; Pepita Fernández, Mariscadora; Rosa Pedrosa; Moza empresaria; e Iria Aboi: Secretaria Xeral de Galiza Nova. Ao rematar haberá uns pinchos.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de Antía Insua Lema, Vicerresponsable Comarcal de Galiza Nova Costa da Morte.

Comentarios