Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O Campo de Lariño si que vivirá a súa transformación completa

faro larino-Carnota-Quin MUros copia
Foto do Faro Lariño e a contorna de Quin Muros
O Campo de Lariño si que vivirá a súa transformación completa

O pleno do pasado venres no Concello de Carnota servía para poñer o punto e aparte á polémixa xurdida arredor da rehabilitación da contorna do Faro de Lariño. Mentres as obras no Hotel avanzaban, a política freaba o acondicionamento da contorna, pero finalmente o proxecto que vén de 2018 saíu aprobado. Foi un proxecto presentado polo BNG, que fora modificado polo grupo socialista, pero que non tivera o apoio maioritario.

Agora o proxecto aprobado inclúe as actuacións de demolición do peche de tres edificacións existentes, urbanización da contorna e construción dunha pista de padel. Conta cun orzamento de 168.430 €, do que a Deputación achega 120.000 euros, o 72 % do total. No POS está incluída ademais a realización do aparcamento de autocaravanas, urxente para solucionar un problema que cada vez é máis intenso, en especial, na época vacacional.

”Esta actuación foi reclamada pola veciñanza hai máis de tres anos e, posteriormente, o goberno municipal do BNG trasladáralla á Deputación da Coruña porque entendimos que era necesaria para a ordenacion dunha zona de especial interese turístico e paisaxístico", explican dende o grupo da oposición.

Novas relacionadas

Comentarios