Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Carnota afonda no apoderamento feminista

Carnota sumase a igualdade Outubro 2019
Carnota afonda no apoderamento feminista

Continúa en marcha a Campaña de Prevención e de Sensibilización contra as violencias machistas: Súmate á Igualdade (+=!) do Concello de Carnota. Durante este mes coordinaranse diferentes actividades dirixidas a mulleres, a familias, a crianzas e a toda a veciñanza, enfocadas ao apoderamento feminista.

CARNOTA COEDUCA

É un ciclo de charlas centradas en coeducación, corresponsabilidade e igualdade de xénero. Desenvolveranse dúas charlas na ESMU dous mércores de outubro:

  • Coeducando en familia: a igualdade de xénero na crianza. o Mércores 16 de outubro de 18 a 20h.
  • E ti, que rol xogas? Estereotipos e prexuízos na educación. o Mércores 23 de outubro de 18 a 20h.

EN FORMA CONTRA O MACHISMO

Charla centrada na igualdade de xénero no deporte.

  • Venres 25 de outubro as 19:30. Salón de Plenos do Concello.

OBRADOIRO INTENSIVO DE AUTODEFENSA FEMINISTA

Un espazo para mulleres centrado no traballo de apoderamento feminista.

  • Sábado 26 de outubro. 11:00h a 14:00h e de 16:00h a 19:00h.
  • Local Vintepicopés. Casa da Xesteira.
  • Inscricións no Dpto de Servizos Sociais do Concello: 981 857 032 (Ext. 2)

 

Novas relacionadas

Comentarios