luns. 11.11.2024
El tiempo

Carnota, Carballo e Muxía limpan os seus ríos

Carnota, Carballo e Muxía limpan os seus ríos
Unha escena dunha xornada de limpeza de ríos-Foto-ADEGA

Este domingo 29 de setembro, e coincidindo coa xornada que anualmente organiza ADEGA a través do seu proxecto "Limpeza Simultánea de Ríos", tres puntos da zona collerán os bártulos e percorrerán as súas zonas fluviais para darlle un lavado de cara. Trátase de armarse de bolsas de lixo e enchelas con toda clase de material contaminante que haia pola volta do río, sendo o plástico o meirande inimigo.

Na zona, serán os Concellos de Carballo e de Muxía os que organizan batidas de limpeza. Tamén, será a ADEGA Costa da Morte, e a Cooperativa de Agricultura Ecolóxica Raínha Lupa, as que organicen o grupo de limpeza pola zona de Quilmas, desta volta máis importante que nunca polo enorme risco de riadas que poden reperxudicar de novo ao lugar de Quilmas. Así, escomezarán con esta xornada activa nos valados que será a primeira dunha serie delas para a restauración dos espazos ardidos.

Se desexan asistir poden poñerse en contacto cos Concellos de Carballo ou Muxía ou coa xente de Quilmas nos teléfonos 981 760 227 ou no 606 28 70 15.

Novas relacionadas

Fonte

  • Adega.

Comentarios