Mércores. 16.10.2019
El tiempo

Carnota leva á rede o seu museo arqueolóxico aberto

Carnota leva á rede o seu museo arqueolóxico aberto
Unha páxina web recolle a información sobre o patrimonio arqueolóxico de Carnota Unha páxina web recolle a información sobre o patrimonio arqueolóxico de Carnota En Carnota xa é unha realidade chegar cun só click ata a Idade do Bronce percorrendo así máis de 3.000 anos de historia. museoaberto.carnota.gal é unha web, promovida polo concello carnotán, na que se atopa información de cinco dos sete conxuntos de arte ruprestre do municipio, da Torre dos Mouros e do Castro de Mallou. Cada un dos restos arqueolóxicos conta cunha galería de imaxes, unha descripción e unha explicación de como chegar ata el. Dende a páxina web - dispoñible en galego e castelán - o navegante pode visitar A Laxe Escrita, As Laxiñas, Filladuiro/Filladouro, Prousos Magos, Rego Lamoso, A Torre dos Mouros e o Castro de Mallou. Desta forma, o concello de Carnota e a implicación social consiguen poñer en valor o rico patrimonio arqueolóxico do municipio. Mostra diso foi o pioneiro proxecto Castro de Mallou que, grazas a un programa de voluntariado posto en marcha no ano 2013 conseguiron implicar a unha gran cantidade de veciños e veciñas, así como arqueólogos e outros expertos na materia que participaron de forma voluntaria durante dez días nun programa de recuperación do monumento.   Máis información     Novas relacionadas Fonte

Comentarios