Carnota presenta unha curta con voces locais sobre o rol da Muller

07:02 05/03/16

Moitas actividades arredor do Día da Muller Traballadora, o 8 de marzo. Xa durante a fin de semana teremos actividades por toda a volta. Co epicentro da 1ª Gala Solidaria da Buserana (sábado ás 17:00h en Cee), teremos tamén citas en Laxe, Carballo, Carnota, Corcubión, Coristanco, Muros ou Vimianzo.
O propio martes 8 teremos a ocasión de ver, ás 19:00h no Salón de Actos do Concello de Carnota, unha curta en clave local, na que veciños e veciñas son os protagonistas, falando sobre o papel da muller. Ademais, despois toca coloquio.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).