Carnota si aproveita o tirón das autocaravanas


Segue Carnota situándose como cabeceira para o turismo de autocaravana. Un turismo emerxente, que cada ano se propaga máis pola nosa bisbarra mentres esta segue empeñada en non adaptarse. E non é complicado colocar un aparcadoiro específico para autocaravanas, cun punto de recollida de líquidos e pouco máis.
Foi Carnota o único que apostou e cada ano son máis e máis os amantes das caravanas que paran alí. E para seguir afianzando Carnota como lugar fetiche, veñen de organizar da man da Asociación Galega de Autocaravanas, a II Expo Caravaning Carnota 2013.
Repiten cita na Semana Santa, no marco da Mostra Víndemo Ver, da que xa repasamos a simpática Carreira Viquinga así como a BTT. Unha Mostra, que como o ano pasado, traerá de todo, e convertirá Carnota nun verdadeiro punto efervescente na Semana Santa.
Así, do 28 ao 31 de marzo, os aparcadoiros do Polideportivo de Carnota serán invadidos por un exército de autocaravanas para deleite dos seus amantes.
Máis información
- Concello de Carnota: II Mostra Víndemo Ver.
- 2013: Os carnotáns prepáranse para a súa primeira Carreira Viquinga.li>
- 2013: As BTT toman os montes de Dumbría e Carnota.
- 2013: Carnota volve deixarse ver na segunda Mostra Víndemo ver.
- 2012: Históricas Xornadas “De Castros a Castelos” este verán en Carnota.
- Víndemo Ver 2012: Un Mar de arte agrícola en Carnota.
- 2011: I Concentración Ecológica-Cultural A.G.A: Autocaravanistas de toda Galicia recollen máis dunha tonelada de lixo na praia de Carnota.
- Redacción de QPC ([email protected]).