Venres. 26.04.2024
El tiempo

Constatan a recuperación do carballo anano e do lirio do Monte Pindo

Constatan a recuperación do carballo anano e do lirio do Monte Pindo
Carballo anano e Lirio do Monte reviven no Monte Pindo-Foto do lirio-Roi Carballal

Tralos arrasadores incendios do verán pasado, e malia que a política de reforestación por parte das adminstracións foi nula, parece que as intentonas de recuperar a flora autóctona da sociedade civil e do Monte Pindo Parque Natural están a dar os seus froitos. Así nolo constantan dende a entidade e xa vemos como os carballos ananos e o lirio do monte medra con vigor por moitas partes do olimpo celta.

Se ben a asociación recoñce que o macizo é un deserto arbóreo, apunta que si hai unha zona, nas inmediacións de San Cibrán, as que estas e outras especies estanse a recuperar. Curioso é que esta zona foi a elixina pola AMPPN para evar a cabo a súa reforestación con esquexen do CSIC pero sen o apoio da Xunta.
”A pesar de que a intervención tivera lugar en plena seca, boa parte da plantación xurdida do xeneroso esforzo do voluntariado saiu adiante con formidable vigor, e por iso en San Cibrán os carballos, castiñeiros e ameneiros sementados por milleiros abrollan por doquier, e o que eran delicados plantóns cun par de follas xa son robustos proxectos de árbores de entre 10 e 15 centímetros”, contan.

O carballo anano loita pola supervivencia

O que medra de xeito absolutamente natural é o carballo anano (Quercus lusitanica Lam), unha das especies autóctonas de máis valor ecolóxico do monte costeiro, que aproveita o seu carácter pirófito para recolonizar por milleiros o terreo que o lume lle arrebatou. Pelexa co eucalipto, que medra moito máis rápido e xa chegan ao metro de altura, e co toxo, outra das prantas máis fortes de Galicia.
”Curiosamente, o carballo anano estase asociando tamén aos castiñeiros deixados polos voluntarios”, malia non coñecer aínda o por que desta prolífica simbiose.

Reaparece o lirio de monte por primeira vez desde o lume

O lirio de monte (Iris boissieri), esa fermosísima flor en risco crítico de extinción a nivel mundial que atoparan no Monte Pindo só semanas antes do lume despois de anos sen novas dela, volveu ser atopada esta fin de semana por outro amante do Monte Pindo, Roi Carballal, que apurou a comunicarlle a boa nova á MPPN, colgada tamén na páxina biodiversidade.eu.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios