Luns. 07.10.2024
El tiempo

As familias do Pindo manteñen o pulso á Consellería e seguen en folga contra os recortes

Mochilas baleiras do CEIP O Pindo
Mochilas baleiras ás portas do CEIP O Pindo
As familias do Pindo manteñen o pulso á Consellería e seguen en folga contra os recortes

As mochilas do alumnado do CEIP O Pindo seguen baleiras. As familias manteñen o seu pulso coa Consellería ante os recortes que sofre o centro este comezo de curso.

A pasada semana, as familias decatábanse que o centro, a pesar de ter numerosas casuísticas de nen@s con Necesidades Específicas, está sen Auxiliar de Linguaxe (AL) (o ano pasado estaba 10 horas á semana) nin Coidadora, e sufriron un recorte do 50% nas horas da PT (a Auxiliar de pedagoxía terapéutica apenas está 5 horas no centro).

Foi o pasado xoves, despois de enviar un escrito á Xunta e darlle un par de días de prazo, cando decidían poñerse en folga, e deixar os cativos na casa. Non lembramos unha medida de presión tan potente nesta última década, na que os recortes no ensino veñen sendo máis que habituais.

E as familias non desisten, este luns 23 de setembro seguen en folga, e as familias volverán facer unha concentración ás 9:30h ás portas do Cole, mentres piden implicación ás comunidades educativas do resto de centros da comarca.

Carteis no CEIP O Pindo contra os recorte

Na última reunión con Inspección, trasladábanlle á ANPA que malia as promesas que o Conselleiro Román Rodríguez lle fixera ao alcalde carnotán, Juan Manusel Saborido “Moma”, non hai nada aprobado.
Continuarán pelexando, pedindo unha reunión persoal co Conselleiro, “para ver se é capaz de dicirnos á cara que os nosos nenos non teñen unha educación suficientemente digna”.

Máis novas sobre os recortes

As familias do Pindo non mandan ás crianzas ao cole como medida de presión ante os recortes de profesorado

Artigos relacionados

Comentarios