mércores. 30.04.2025
El tiempo

Héctor Pose estrea os eventos do Tinglado

Hector Pose no Tinglado
Héctor Pose estrea os eventos do Tinglado

Anunciaba o propio Nando Lestón en QPC a semana pasada a aparición do Tinglado, o novo punto de encontro cultural en Carnota.

E para estrear o espazo, este sábado 26 de outubro, ás 18:30h, e en colaboración coa Libraría Chorima (que gusto dá ver cando se alían os axentes dinamizadores dos territorios), invitaron a Héctor Pose. O autor malpicán traerá as súas creacións literarias, "O Atlas da Costa da Morte”, da man da Asociación Camiño dos Faros, e ”Corpos do Mar”.

Pero a conversa xirará tamén arredor da dinamización cultural nos territorios rurais.

Máis novas

Comentarios