Sábado. 27.07.2024
El tiempo

A Viñeta de Nando Lestón: Quemeaspenseoentendo

Quemeaspenseoentendo
A Viñeta de Nando Lestón
A Viñeta de Nando Lestón: Quemeaspenseoentendo

Cando miro o mapa das eleccións galegas hai un color que domina como se fora un océano inabarcable, o GRAN Azul, color sen duda do Atlántico;o GRAN ATLÁNTICO. Cando vou polo miúdo e miro concello por concello,vexo cinco puntos vermellos espallados e solitarios polo territorio; Entrimo, Calvos de Randín, Pedrafita do Cebreiro, Negueira de Muñiz e Ribeira de Piquín... eso é todo. Hai, dende o meu punto de vista, unha especie de "distopía mental", na cidadanía, polo menos na de Carnota, cando tendo un Concello con MAIORIA ABSOLUTA do PSOE, os meus veciños votaron maioritariamente polo PP.... nas Autonómicas... nin siquera vou entrar a fondo neste tema porque a maioría dos inteletuales de carnota contestarían.. "eu voto a quén quero".. ou algo pior. Pero a todas luces, debe haber un Matrix ou un desfase espacio-temporal ou problemas ca entropía da física cuántica ou vaite ti a saber. Por elo lle digo a diario á miña filla que pensa que vive nun páis e eu insistolle en que vive noutro. Poñamos as cousiñas en cuestión e pensemos que dous van nunha chalana con cadanseu remo... un rema para a dereita e outro para a esquerda... o resultado final é que a chalana vira en redondo. Por elo eu cuido que o noso Concello vira sobre sí mesmo nunha especie de ensoñación pouco pensante onde nas municipais reman á esquerda e nas autonómicas reman á dereita. De feito, e para máis estrionismo, a forza política reinante en Carnota, repito, por maioría absoluta,pasa a ser a última en votos. Axudademe a entender. Se busco ou buscara un referente que mire polos nosos intereses votando PSOE no meu municipio... como é posible que despois apoie un referente autonómico que o que busca é a miña desaparición política?????

Para o meu municipio quero unha cousa pero para Galicia quero outra e posiblemente para España... outra distinta se a houbera. Incluso o BNG que perdiu nas municipais de Carnota,fui unha forza máis votada que o mesmo PSOE de Carnota... AXUDAAAA !!!!!! Ben... todo esto tradúcese no seguinte.

- Se ques morrer sen dolor,os de Carnota votan DOLOR

- Se ques casar co teu colega,os de Carnota dirán, MARICONES. 

- Se te ques divorciar,os de Carnota dirán, MATRIMONIO FOREVER

- Se ques enterrar os teus mortos dignamente, Carnota dirá CUNETA

- Se ques que homes e mulleres se igualen, Carnota dirá FREGA TIA

- Se ques protección animal Carnota dirá... RAPOSO A LA VISTA

- Se ques voz propia en Europa Carnota dirá... A VER QUE DIN OS OUTROS

- Se ques manter a tua lingua Carnota dirá, SANJENJO, DESVÁN DE LOS  MONJES (esto dixo un do PP por Sobrado dos Monxes, que nivel)

- Se tes ques casar polo civil, Carnota diría... ROUCO VARELA

- Se che preocupa o cambio climático Carnota dirá,ANDE YO CALIENTE...

- Se non ques alcolitos no monte,Carnota dirá, CELULOSA A LA VISTA

-Se ques economía saneada, Carnota dirá, EMPRESA SEN PRÉSA-RECORTESSS

- Se ques servicios públicos, Carnota dirá.... PRIVATIZACIÓN

- Se ques enerxía renovable, Carnota dirá, WELCOME GREENALIA. 

Esto é o que vota Carnota PARA QUE NOS REPRESENTEN NO MUNDO. E podía seguir pero xa estou delirando e non son de Lira nin de Lires. Esto é coma ter tres cuartos na casa e durmir cada nuite nun..ou como se decía antes...mudar a chaqueta. Comprenderedes veciños que a miña fe vai a menos,pero como no son católico..resisto. Pero comenzo a pensar que Carnota non son os carnotáns... e España non son os españois... son outros. E xa todo vale e nada se pensa.  O que non se pode ter é unha ideoloxía para Carnota e outra para Galicia.Porque se se olvida ésto tamen se olvida que Carnota é Galicia.  Dalgún xeito entón, todo o que levamos visto e todo o que levamos vivido,sobre todo avós e avoas, pais e nais,non serviu para nada. Daquela viñan os comunistas e masóns e fíxose unha guerra para para los (eu aínda non os vin e estou esperando a ver se me entran na casa), agora... vén a ultradereita... e quen a vai parar despois de visto lo visto... pois nada,de volta de novo a Paquito el Chocolatero. Aínda que sería de recibo que nas europeas vos aclararas un pouco... anque sexa.  

  • Nando Lestón, Artista, pintor e escultor que vive en Carnota. 

A VIÑETA DE NANDO LESTÓN

NOVAS RELACIONADAS

MÁIS ARTIGOS DE NANDO LESTÓN EN QPC

Comentarios