Houbo que ir ver Carnota por Semana Santa

Unha completísima Semana Santa a que viviu Carnota. A 6ª edición da Mostra Víndemo Ver vai afianzándose na Axenda de cada pascua costeira como unha das visitas obrigadas, xunto coa Semana Santa de Fisterra, a Mostra do Encaixe de Camariñas ou a ou a iluminación nocturna da Fervenza do Ézaro.
A impresión municipal é que foi un ano estupendo, con maior afluencia que o ano pasado, cunha organización máis pendente de cada detalle, e cun tempo que acompañou e que favoreceu a que todo saíse á perfección. Quedan un par de cousiñas que mellorar, como unha mellor sinalización dos postos na zona do Concello, pero a sensación é positiva dende todos os sectores.


Tanto os artesanos como os produtores locais quedaron satisfeitos coas vendas. Os locais de hostalería quedaron encantados poir a realidade é que non contaban con tanta xente. Ademais das citas deportivas (das que falaremos mañá) houbo actuacións musicais para darlle ambiente á Mostra como a dos gaiteiros de San Mamede, e unha marea de obradoiros de artesanía ou de xogos populares.
https://www.facebook.com/vindemover/videos/912293618910778/O broche final foi impresionante, co concerto de Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre. “Non sabía que tiña este directo tan tremendo” recoñecen dende Carnota, que se amosaron mesmo sorprendidos de ver a praza do Concello completamente ateigada de emocións.

Novas relacionadas
- Víndemo ver 2017: Carnota ensalzou os seus tesouros locais no Víndemo Ver
- Belén da Crega: “O teatro de rúa será un dos protagonistas do Víndemo Ver de Carnota”.
- Víndemo ver 2015: Os Vikingos e as Bicis tomaron os montes de Carnota por Semana Santa
- Víndemo ver 2014: O Spinning de pesca, a Carreira Viquinga e a BTT encheron de deporte Carnota.
- Víndemo ver 2014: O produto local foi protagonista na Mostra Víndemo Ver de Carnota.
- Víndemo ver 2013: Carnota deixou ver todo o seu potencial artesanal e turístico.
- Víndemo Ver 2012: Un MAR de arte agrícola en Carnota.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).