Venres. 26.04.2024
El tiempo

A Libraría Chorima espalla o Libro Galego cun completo programa de presentacións

  • Este sábado será Chisco Fdez. Naval o que leve a Carnota o seu libro “Fisterra, relato curto en Galicia”
Presentacion Eduardo Esteven en Carnota
Os autores Chisco Fernández Naval, Eduardo Estévez e Guadalupe Vázquez, coa armadanzas da Libraría Chorima Jessica Martínez
A Libraría Chorima espalla o Libro Galego cun completo programa de presentacións

Celebra este verán a Libraría Chorima de Carnota un completo programa de presentacións literarias. Dende comezos de xullo, no marco das II Xornadas do libro en Galego, xa teñen pasado xentes singulares como Guadalupe Vázquez Formoso, Alexandre Nerium ou Eduardo Estévez.

Alexandre Nerium e Chisco Fdez naval-Foto-Maribel Longueira
Alexandre Nerium e Chisco Fdez naval-Foto-Maribel Longueira

Ata o 20 de agosto aínda pasarán Marisa Vidal Collazo co seu libro “Eu son Exeria”, Xosé Iglesias co seu “Luces da Costa da Morte” ou Marta lado ca súa Pita Xefa.

Pero a seguinte parada será a de Chisco Fernández Naval, que levará este sábado 30 de xullo, ás 12:00h, á Praza da Pedra de Carnota o seu “Fisterra, relato curto de Galicia”.

Un libra que nace do proxecto do xornalista Xosé Manuel del Caño, da man da editorial Linteo, que publica unha serie unha relatos de autores galegos contemporáenos. Nesta primeira saída da colección, van 40 escritor@s, que escriben relatos inéditos entre os de destacan un relato de Méndez Ferrín publica un texto narrativo 20 anos despois da súa última obra; ou dous relatos póstumos de Darío Xohán Cabana.

Entre a potente aliñación de autores deste libro tamén está o propio Chisco, ademais doutros costeir@s como Carmen Blanco, Héctor Carajaville, María Canosa...

Xornadas Libro Galego Carnota 2022-Libraria Chorima

Outra das datas singulares a apuntar, será 20 de agosto o recital de homenaxe a Paco Souto, no que participarám o propio Chisco, Manolo Souto, Eduardo Estévez e Serxio Moreira.

Comentarios