Marcos Porto presenta a súa novela "Marco di Murano"
07:49 26/11/21
Aló polo mes de abril coñecíamos que o Raposo de Cornido lanzábase ás letras. Marcos Porto, coñecido no mundo do fútbol costeiro, estreaba a súa primeira novela “Marco di Murano”, de Tandaia Edicións. Unha novela que xa podes comprar na Libraría Chorima de Carnota, en Nacho Porto Cerámica (Cornido, Carnota), en Stoupa, Fersi, Mestura e Ler Librarías de Cee e en Arroutada, Muxía.
Pero ademais, xa podedes achegarvos, o vindeiro sábado 4 de decembro a súa primeira presentación. Será no Salón de Actos do Concello de Carnota a partir das 12:00h. Un evento organizado pola activa Libraría Chorima e o Concello.