Martes. 23.04.2024
El tiempo

Maxia electrónica e deportiva no Beach Party Carnota

Maxia electrónica e deportiva no Beach Party Carnota

Vivíu o Campo de Lariño unha fin de semana tremenda. A pequena Ibiza da Costa da Morte acolleu o Beach Party Carnota 2012, o primeiro festival de música electrónica da zona que celebraba a súa segunda edición. O house compartíu protagonismo cos deportes acuáticos, facendo do Concello de Carnota o centro dos amantes das ondas e da boa música.

Este ano a organización estivo impecable, cun tremendo escenario espazo e o un grande espectáculo de sonido e luces pola noite, e moito deporte ao longo do día. A única mellorable foi a asistencia, pois agardaban algo máis das case 1.500 persoas que disfrutaron das dúas noites de música. Iso si, os que foron, seguro que repiten o ano que vén!!

I é que os djs, tanto tanto os que tiñan máis experiencia como os máis novatos, quedaron abraiados co despliegue. Eran djs chegados dende Canarias, pero tamén dende Santa Comba, dende onde trasladaron a moitos dos asistentes. Chegaron tamén Malpica, A Coruña, Santiago, Carballo, Arteixo, Fisterra, Noia... E mesmo dos veciños do Con V de Valarés, que aproveitaron para facer promo do festival pontecesán.
Contaron cunha carpa reconvertida en zona VIP-SHARK onde se reunían as figuras de surf, kite e paddle que participaban nas actividades diurnas do BPC SUN.
Ademais, 3 gogo's chicas e un chico fixeron as delicias das primeiras filas do festival, e a festa non parou ata ás 9:00h da mañá os dous días... Víase facer de día baixo as ondas do son electrónico pero alí ninguén se movía. Non facía falta máis porque o ambiente era o millor do millor, como nos conta Myriam Figueira Blanco.

BPC SUN

Xa vimos como as gastaron no Torneo de Fútbol Praia, pero osdeportes acuáticos foron un gran polo de atracción polo día. Un dos grandes protagonistas non foi outro que Abel Lago, un carnotán campión do mundo de Kitesurf que ademais fai bandeira de Carnota aló por onde vai.

Outras que disfrutaron e fixeron disfrutar foron as bravas do Shark Girl Surf Team, que chegaron de Canarias para despregar os seus malabares sobre a táboa.

A realidade é que foron 3 xornadas intensas, nas que o tempo acompañou, dentro do recinto todo se converteu en maxia, e fóra del, na praia de Carnota, todo foi disfrute.

Máis información

Máis información do Beach Party Carnota 2012

Novas relacionadas

Máis novas festivaleiras

Comentarios