Mil ríos que desembocan na fin da terra
Inaugurábase o pasado venres no Faro Fisterra unha curiosa exposición. Un proxecto, este milríos, levado a cabo por Manuel Sendón e Fran Herbello, que nos permite percorrer, montados nunha canoa, centos de ríos de todo o mundo. Desta volta, o faro fisterrán acolle unha serie de imaxes e canoa da nosa costa. Nunha travesía entre Cee e o río Xallas, disfrutando da tranquilidade de Quilmas, da grandeza do Monte Pindo ou da incredulidade da Fervenza do Ézaro.
Imaxes evocadoras as desta expedición nº17, pero é que xa van outras 16 por diante neste proxecto. Tantas que dan para moitas sorpresas, como as do “Autor Anónimo”, fotógrafo descoñecido que se uníu por casualidade a este proxecto. O caso é que nunha travesía Sendón perdía a cámara, unha cámara que foi atopada por un alguén que seguíu o legado, facendo fotos en canoa de ríos pola súa zona, e gracias a que a cámara está conectada coa Dropbox, as súas fotos poden ser aproveitadas polos artistas nas súas exposicións, dándolle un toque aínda máis misterioso a esta proposta.