Luns. 07.10.2024
El tiempo

Milucho Louro deixa a política

Milucho Louro
Milucho Louro deixa a política

Apenas pasaron 10 meses dende que entrou na vida política. Pero xa lle chegou. De feito, sobrepasoulle de tal xeito que Milucho Louro, candidato do BNG nestes últimos comicions municipais en Carnota, acaba de anunciar a súa decisión de poñer punto e final á súa carreira política.

E non o fai por ter sido derrotado nas urnas polo PSOE. Faino pola radical afectación á súa vida persoal que ten sufrido nesta campaña. “Ou eu non son político, ou esta non é a política que eu imaxinaba, ou aí hai moi pouca política”, valora. O ataque ao seu fogar na noite electoral, e polo que a súa familia xa ten presentado denuncia ante a Garda Civil, foi o colofón dunha “campaña de acoso e derribo a título persoal e familiar, desenvolvida por activos do PSOE carnotán”, segundo denuncia o grupo nacionalista.

A realidade é que a día de hoxe atópase absolutamente abatido psicoloxicamente, cunha familia realmente afectada polo acoso, que faille tomar esta decisión e apartarse deste mundo.

Así, na sesión de investidura do vindeiro día 15 de xuño non tomará xa posesión da acta de concelleiro obtida nas eleccións. Finalmente tomarán posesión das actas de edil Belén Campos, Manolo Souto e Pili Tubío.

Novas relacionadas

Comentarios