O Simposium afondou sobre as vellas e as novas fontes literarias do Monte Pindo
Novo éxito da Asociación Monte Pindo Parque Natural co VII Simposium Monte Pindo. Este ano, baixo o lema "O Monte Pindo na literatura", a entidade quixo recoller as vellas e novas aparicións do Olimpo Celta na literatura galega. Unhas 30-40 persoas (con moita xente de Carnota, Cee, Ézaro, Quilmas, da montaña… se ben botaron en falta máis xente da propia vila do Pindo) encheron o pósito do Pindo para escoitar ponencias de gran nivel.
A combativa Merche Díaz Mayán foi presentando os ponentes, sendo Xilberto Caamaño, da propia Asociación, o encargado de presentar as xornadas, destacando o labor desta “asociación pequeniña” e facendo unha crítica construtiva que falou da sobreexplotación da zona, tanto a nivel hidráulico (9 minicentrais e 4 encoros que sofre o río Xallas, ademais da estación de bombeo programada na Ruña) como eólicas (3 novos parques eólicos na Ruña).
Xil afondou na necesidade de presionar ás administracións o coidado das rutas, sinalizándoas (cun simple código Qr) e manténdoas limpas.
A primeira charla correu a cargo de Vidal Romaní, que esta semana subiu á Ruña coa rapazada da Picota. O xeólogo viu cargado de libros e deixou claro “temos que poñer a pedra en primeiro lugar”, antes que a flora e a fauna, en relación á importancia do granito para facer tan singular o Olimpo Celta.
Moi emotiva foi a charla de Mª Esther Barreiro Fernández, fixo un repaso pola historia do seu pai, José Barreiro Barral. Esther lembrou cando subía ao monte ou ía aos arquivos hisstórico co seu pai, e sinalou que apenas ten publicado só dous libros: o mítico libro sobre o Olimpo Celta, e un de Porto do Son, pero ademais hai aínda 3 libros sen publicar, un sobre a historia das terras de Carnota, un sobre naufraxios e outro sobre igrexas da zona. “sería unha marabilla podelos publicar”, destacaron dende o Pindo.
De contado Francisco X. Fernández Naval afondou nas fontes do Pedregal, rescatando as fontes históricas en relación á poesía, dende Pai Sarmiento ata os nosos clásicos galegos.
Futuro
Pola tarde o Simposio dou paso ao futuro, ás novas escritoras. Primeiro foi o turno de Guadalupe Vázquez, que falou sobre a viaxe do seu Saltarín polo Olimpo pero tamén falou do Conto de Quilmas, esa colleita lingüística que loita contra un feito crú: “Morre un vello e morre unha biblioteca”.
A última ponencia antes do coloquio foi de Laura Suárez e o seu libro sobre o Monte Pindo, que permite que a rapazada da comarca, como ela mesmo comproba cando fai charlas polos centros de ensino, coñeza moito mellor o monte. Un coñecemento que sempre se traduce en amor.
Coloquio
A sesión rematou con este interesantísimo coloquio.
Novas relacionadas
- Simposium 2021: O Monte Pindo revive a Barreiro Barral.
- Simposium 2016: As historias do Simposium Monte Pindo, en vídeo.
- Simposium 2015: O Simposium Monte Pindo analizou as novas oportunidades do futuro primeiro Parque Natural costeiro.
- Simposium 2011: Por que temos que coidar o Monte Pindo?.
PATRIMONIO PINDEXO
- O Modesto Patrimonio: A toponimia do Monte do Pindo.
- O Modesto Patrimonio: O topónimo: O Pindo ou Monte Pindo?.
- O Modesto Patrimonio: Explorando a toponimia dos camiños do Monte do Pindo.
- O Modesto Patrimonio: A Cabana das Chozas, outra Caverna dos refuxiados no Pindo.
- O Modesto Patrimonio: A Furna do Río da Barco.
- O Modesto Patrimonio: Fonte Mateo e A Cova dos Morcegos no Monte do Pindo.
- O Modesto Patrimonio: A Cova da Pendente do Monte Pindo.
- O Modesto Patrimonio: Os muíños do Monte do Pindo.
- Con Pepe do Fieiro redescubrindo os tesouros do Monte Pindo.
- Pepe do Fieiro: “Dicían os nosos vellos…”.
- Ézaro, unha viaxe polas covas dos agochados no Monte Pindo (Parte 1).
- Ézaro, unha viaxe polas covas dos agochados no Monte Pindo (Parte 0).
- Da Raínha Lupa á Cova da Xoana, pasando por Duio, con Pepe do Fieiro.
- Os muíños do Monte do Pindo, por Modesto García Quintáns.