Novo edificio de servizos no porto do Pindo


Os mariñeiros da localidade carnotá do Pindo agardan a finalización dun novo edificio de servizos na antiga lonxa. Onte, o presidente de Portos de Galicia, José Manuel Álvarez-Campana, asistiu ao inicio das obras. O plazo de execución da obra é de 6 meses, polo que se estima que, de non xurdiren imprevistos, o novo edificio poida comezar a prestar servizo no cuarto trimestre de este ano.
O organismo autonómico investirá preto de 400.000 euros.
Características
O proxecto consiste na demolición da actual lonxa e as oficinas portuarias, en desuso, para, posteriormente, construir unha nova edificación destinada a edificio de servizos. Esta actuación renovará a estética do vello edificio e, sobre todo, a súa funcionalidade, dado que acollerá locais para usuarios e unha sala polivalente, entre as súas estancias.
O novo edificio constará dunha planta baixa de máis de 225 metros cadrados de superficie construída, e unha alta de 304. Na planta baixa instalaranse os locais multiusos para os usuarios, mentras que na alta estarán as dependencias comuóns, ademáis dunha zona adicada a terraza, de 45 metros cadrados.
As estancias completaranse con servizos básicos como aseos, almacén e elevadores.
Obras de mellora no porto
Álvarez-Campana anunciou, ademais, na súa visita á zona que o organismo que preside ten previsto licitar, nos próximos días, un estudo técnico de posibilidades para a mellora do abrigo no porto do Pindo. Unha vez estudadas as alternativas neste sentido, presentarase a de maior viabilidade. Esta futura actuación suporá un impulso de magnitude para a actividade económica do municipio, mellorando os valores turísticos a través, sobre todo, da náutica recreativa.Máis información
Novas relacionadas
- A Xunta deixa morrer a Reserva Mariña de Lira, que segue dando exemplo en festivais de todo o mundo.
- O Parque Natural Monte Pindo chegou a 222 lugares do país.
- O sector marítimo de Carnota apoia o parque natural Monte Pindo.
- 7 confrarías da Costa asinan un convenio con Mar para conservar o medio mariño.
- O silencio do mar.
- Onde quedaron as axudas do Prestige?.
- Nota de prensa da Xunta.