O novo talento costeiro ao escenario este sábado na Romaría GhastroPunk de Carnota
08:01 29/11/24
A familia do Asaghieiras Master Festival, xunto co Patín de Carnota, volve reunirse este sábado 30 de novembro na Casa da Xesteira, en Carnota, para un novo evento musiqueiro no que os protagonistas son as bandas máis novas da comarca. Porque xa no dixeron en setembo, “Vivimos un momento moi doce na música galega e especialmente na nosa contorna”.
Este sábado subirán ao escenario as punkis corcubionesas @susto_queflipas, o desenfreo dos directos dos muradáns @thebalayos__oficial e a potencia dos composteláns/vimianceses @musgo981_ .
O evento realizarase con entrada inversa, coa aportación que cadaquén considere ou poida asumir, e ademais haberá opcóns veganas para cear.