Venres. 01.11.2024
El tiempo

O BNG de Carnota esixe ao PSOE que cumpla o acordo e ceda a alcaldía

O BNG de Carnota esixe ao PSOE que cumpla o acordo e ceda a alcaldía

Fai hoxe o BNG de Carnota unha valoración dos resultados dos comicios no concello carnotán. A Asemblea do grupo reuniuse esta pasada fin de semana e quere facer público o seu posicionamento a respecto do actual panorama político post-electoral no concello, despois de telo posto en coñecemento dos responsables do PSOE no día de onte.

Así, e unha vez que a conclusión é que "o pobo de Carnota decantouse clara e maioritariamente por un cambio de goberno", pide a Suso Campos, candidato do PSOE, que cumpla o pacto verbal realizado entre as dúas forzas de "no caso de non se producir unha maioría absoluta, outorgar o seu voto na sesión de investidura aos candidatos da lista que, entre elas, obtivera máis votos".

Así, para o BNG, o PSOE debe apoiar no pleno de investidura a Moncho Noceda, que volvería anos despois á alcaldía. Haberá que ver que opina Suso Campos, que a semana pasada nos contaba que intentaría buscar a alcaldía.

Repaso Concello a Concello

Máis información sobre os Resultados

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios