Venres. 29.03.2024
El tiempo

O carnotán Xoán López Cambeiro acadou o segundo posto no Campionato CazaFotosub de Lira

O carnotán Xoán López Cambeiro acadou o segundo posto no Campionato CazaFotosub de Lira

Mentres en Fisterra celebran a vindeira fin de semana unha proba do Campionato Galego Fotosub, en Lira xa están cos premios. I é que o pasado 14 de maio celebrouse o III Campionato Cazafotosub no especial enclave de valor ecolóxico da Reserva Mariña dos Miñarzos. Ademais, podemos disfrutar de que veciño local subiuse ao podio.

I é que Xoán López Cambeiro, veciño da zona, acadou un meritorio segundo posto, unha vez que a proba contou con 30 participantes chegados de toda a penísula (catalanes e vascos na súa maioría), entre os que destacaban de varios campións de España e do Mundo. Alí estaba Jesús Villalba (catro veces campión de España), Susi Navarro (campión absoluto Copa do Mundo, Italia 2008 e seis veces campiona feminina de España) e Oscar Sagué Pla (varias veces campión de Cataluña e actual campión de España), que foi o gañador.

As condicións climáticas facilitaron o goce da proba, pois a pesar de ventos fortes o mar estaba calmo e o sol radiante do exterior deu lugar a unha visibilidade perfecta nas augas. O resultado: fotos espectaculares, non só por unha climatoloxía óptima, senón tamén polo alto nivel e experiencia dos participantes.

O campionato comenzou ás 8.30 da mañá e terminou cunha gran comida nun restaurante da zona, nela competidores e membros da organización intercambiaron palabras e coñecementos, dando fe non só da súa calidade profesional senón tamén do seu valor humano xa que o bo ambiente e cordialidade caracterizou a xornada.

Organización

Cabe destacar tamén a boa coorganización da proba: a Confraría de Pescadores de Lira, a Escola Galega de Apnea e Pesca Submarina, e o Club de Actividades Subacuáticas "Os Petóns". O patrocinio, que correu a cargo de Grupo de Acción Costeira 4, FEGAS, Deputación dá Coruña, e Xunta de Galicia, e a colaboración de Espazo Submarino.

Clasificación final desta 3ª edición do Campionato Open Cazafotosub Mar de Lira

  • 1º- Óscar Sagué Pla con 429,5 puntos (Cataluña).
  • 2º- Xoán López Cambeiro con 421,5 puntos (Lira, Carnota).
  • 3º- David Mandos con 408 puntos (Barcelona).
  • 4º- Luís Alberto Martínez con 371,5 puntos (Vigo).
  • 5º- Susi Navarro con 371,5 puntos .
  • 6º- Jesús Villalba con 297,5 puntos.
  • 7º- Alexandre Terricabris con 260,5 puntos.
  • 8º- Ignacio Veiga Otero con 213,5 puntos.
  • 9º- Francisco José Pardo García con 166,5 puntos.
  • 10º- Héctor Costa con 140,5 puntos.
  • 11º- Alberto Llorente con 137 puntos.
  • 12º- Fernando Seoane con 135 puntos.
  • 13º- Manuel Figueiras Pena con 112 puntos.
  • 14º- Carlos Martínez García con 102,5 puntos.
  • 15º- Adrián Otero Docampo con 81,5 puntos.
  • 16º- Manuel Louro Díaz con 72 puntos.
  • 17º- Héctor Prego con 47 puntos.
  • 18º- José Antonio Álvarez con 37 puntos.

Entrega de premios

A entrega de premios vai ser este martes 31 de maio, a partir das 18:30h na Escola de Buceo da Coruña.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios