Xoves. 10.10.2024
El tiempo

O ex-edil do BNG Tomás Freire únese ao PSOE de Carnota

O ex-edil do BNG Tomás Freire únese ao PSOE de Carnota

O PSOE de Carnota vén de presentar a súa nova "fichaxe". I é que ex edil do BNG carnotán Tomás Freire, (xa viramos as discrepancias entre o grupo do BNG e o ex edil) será unha das altas do novo equipo do PSOE local. Así o contan hoxe dende o blog dos Socialistas de Carnota, onde destacan "a súa valía demostrada, tanto como compañeiro na oposición no concello de Carnota así como a súa gran capacidade de xestión e resolución de problemas no concello socialista de Dumbría, no que traballa".

Nos próximos días confirmaránse a lista definitiva coas novas altas do PSOE carnotán. Aseguran que traballarán para "a redución de soldos de políticos e de cargos políticos no concello de maneira urxente e necesaria e o fomento do emprego para os veciños de Carnota".

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios