Venres. 29.03.2024
El tiempo

O GALP Costa Sostible realizou unha sesión formativa para aprender a solicitar axudas

O GALP Costa Sostible realizou unha sesión formativa para aprender a solicitar axudas
Xornada informativa do GALP Costa Sostible Xornada informativa do GALP Costa Sostible

Ás veces a burocracia alonxa as axudas económicas dos emprendedores. E precisamente para evitalo, o GALP Costa Sostible - Seo de Fisterra e Ría de Muros e Noia (que abrangue os concellos de Fisterra, Cee, Corcubión, Dumbría, Carnota, Muros, Outes, Noia e Porto do Son) organizou o pasado martes unha xornada informativa na sede da Asociación Noia Histórica destinada a todos os interesados en presentar proxectos ao novo período de concesión de axudas. O obxectivo é axudarlles a cumprimentar as memorias das súas propostas para que estas se adapten á estratexia de desenvolvemento local participativo que forma a base da filosofía do GALP Costa Sostible.

O pasado martes, o persoal do Instituto para o Crecimento Sostible da Empresa ICSEM volveu impartir este curso formativo de promotores, despois da fantástica acollida do ano pasado, como corroboran os titulares dos proxectos do ano pasado. A sesión serviu para esclarecer como cumprir os requisitos e como adecuarse á estratexia de desenvolvemento local participativo do GALP Costa Sostible. Repartíronse unhas completas guías explicativas e ademais a xerente do noso GALP, Manuela Oviedo, foi sinalando cales son os erros máis habituais que se cometen nesta fase inicial e como liquidalos.

Á xornada asistiro empresas que desexan desenvolverse ou diversificarse, futuros novos promotores e tamén responsables de xestorías que desexan ofrecer un servizo correcto aos seus clientes.

Este ano toda a planificación de xornadas informativas ou participativas do GALP Costa Sostible foi acollida cunha gran resposta por parte dos interesados. Relatorios sobre turismo activo, sobre o papel da muller na costa ou sobre proxectos cooperativos recibiron sempre un gran respaldo.

Fonte

  • Galp Costa Sostible.

Comentarios