Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O Monte Pindo recupera o seu proxecto social de Catálogo de especies

O Monte Pindo recupera o seu proxecto social de Catálogo de especies
Catalogo de especies do Monte Pindo

Mentres esperamos polo VII Encontro Monte Pindo da Asociación Pedramar, a asociación veciña Monte Pindo Parque Natural tráenos unha boa nova sobre os seus traballos de análise científica da singularidade do espazo natural.

A entidade anuncia que a partir do verán de 2015 retoma os traballos do CEMP, siglas do Catálogo de Especies do Monte Pindo, un completo estudo sobre a flora e fauna presente neste no Olimpo Celta que fora paralizado tras o incendio de setembro de 2013 logo de ter catalogado un total de 662 especies naturais, das que preto de 150 contan con algún nivel de protección na lexislación nacional e internacional vixente.

Recordan que “ingún outro espazo natural da nosa Comunidade -nin sequera os mellor protexidos- conta a día de hoxe cun informe tan exhaustivo e en tempo real sobre o tipo de especies naturais que o habitan, e moito menos cunha óptica aberta, participativa e promovida enteiramente pola sociedade civil, sen subvencións nin axudas”.

O estado actual do espazo, a pesar do esquecemento da Xunta sobre as súas promesas de reforestación, e mais o pronto inicio de varios proxectos relacionados coa bioloxía, invita a continuar cos traballos, laboura na que pode participar toda a poboación, e non só aquela con formacón académica na materia, pois o Catálogo está aberto e actualízase en tempo real, e ten en conta as propostas de todas as persoas que visiten este espazo natural, o que pode facer nun espazo propio da plataforma do proxecto.

Quen desexe máis información ou colaborar de calquera xeito coa iniciativa pode visitar cemp.montepindo.gal, onde ten á súa libre disposición e en tempo real o catálogo completo.

Novas relacionadas

Fonte

  • AMPPN.

Comentarios