O Monte Pindo volverá ser o punto de Encontro
Un ano máis a Asociación Pedramar do Pindo invítanos a participar no Encontro Monte Pindo. Unha "experiencia única, relaxante, emotiva, necesaria para o ben estar do noso particular imperio dos sentidos". Unha experiencia que ademais nos permite coñecer o valor dun nosos tesouros naturais e patrimoniais máis representantivos da Costa da Morte: o olimpo celta do Monte Pindo.
Este ano a entidade carnotá conta coa colaboración do Concello, e de varias entidades polo que o programa abarca moitas cousas. Sendeirismo, historia, música e gastronomía da zona" serán as protagonistas. Haberá carreira, haberá folk, haberá comida, haberá ruta (polo monte arriba e pola ría abaixo).... Todo para saborear esta paraxe única.
A cita será os 8, 9 e 10 de xullo, e todos estades invitados.
Programa do III Encontro Monte Pindo
Venres 08 de xullo:
- Inauguración ás 19:00h no local da asociación A.D.R.C. PEDRAMAR.
- Ponencia e degustación culinaria ao ritmo das pandereteiras da Solaina.
Sábado 09 de xullo:
- Subida guiada ó Monte Pindo, con comida pícnic.
- Ao baixar dará comezo a Carreira polo Monte Pindo-Galicia Máxica.
- Á noite entrega de trofeos, sardiñada e queimada ao rítmo dun grupo folk.
Domingo 10 de Xullo:
- Ruta en catamarán pola costa, visitando as illas Lobeiras ou Ruta de sendeirismo polo litoral e visita do Centro de interpretación da electricidade.
- Comida Baixo carpa en con servicio de catering. Clausura a ritmo dunha charanga.
Máis información
- Prazas limitadas. Data límite: 25 de Xuño.
- Prezo: 80 € persoa/fin de semana, 40€ sen facer noite. Para socios, 20€.
- Mais información e inscricións en acdrpedramar.blogspot.com, www.concellodecarnota.com ou nos teléfonos 981 857 032 - 607 724 557.
Novas relacionadas
- II Encontro Monte Pindo: A Pedramar achegou o Monte ao Pindo.
- I Encontro Monte Pindo: O protagonista foi o Monte Pindo.
Outras novas relacionadas
- ADEGA e MPPN califican de delito ecolóxico a creación dun coto de caza maior no Monte Pindo.
- Abrindo novos sendeiros no Monte Pindo.
- O Monte Pindo é o protagonista dunha campaña publicitaria de Iberia.
- Quen é o que non quere o Parque Natural Monte Pindo?.
Fonte