O Parlamento proporá este xoves declarar o Monte Pindo Parque Natural


Este xoves pode ser histórico para a zona pois a declaración do Monte Pindo como Parque Natural está incluída na Orde do Día da Comisión 7ª do Parlamento de Galicia. Así nos informa a Asociación Monte Pindo Parque Natural, que sinala que a Comisión 7.ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, presidida por Emma Álvarez, vai debatir esta Proposición non de lei,, coa dotación do perceptivo plan de ordenación.
A proposta ademais acompáñase dun Plan de Desenvolvemento Rural para todo o entorno do macizo carnotán, baseado na substentabilidade, para que a poboación residente sexa a primeira beneficiaria das novas políticas de protección consecuencia do primeiro parque natural da Costa da Morte.
Respaldo social e político
Unha grandísima nova para a bisbarra, sen lugar a dúbidas, unha vez que semella que xa todos os poderes o ven así de claro. A protección dun dos nosos grandes tesouros naturais poderá ter unha protección especial ao tempo que será exposto ao mundo enteiro.
O respaldo social xa se pode comprobar coa colleita de sinaturas a través da rede que xa conta con máis de 1.500 apoios.
Novas relacionadas
- Méndez Ferrín tamén sobe ao Castelo de Peñafiel.
- Ézaro, unha viaxe polas covas dos agochados no Monte Pindo (Parte 1).
- Luar na Lubre pide a declaración do Monte Pindo como Parque Natural na presentación da súa nova voz.
- Un ano de recollida de sinaturas a prol da declaración do Monte Pindo como Parque Natural.
- A Costa da Morte ve triplicada a súa inútil Rede Natura.
- Elección Histórica da Costa da Morte: Carnota: A historia do Catelo.
- Os Vídeos naturais de Francisco Santiago López.
Máis novas
- Subindo, en bici e en primeira persoa, á Moa.
- Da perfecta sintonía entre o Río Xallas e o Monte Pindo.
- II Simposium Monte Pindo: Por que temos que coidar o Monte Pindo?.
- Un Parque Natural case centenario.
- Descobren un terceiro castelo no Monte Pindo formando unha gran fortaleza amurallada.
- Recuperando a historia da Ermida do Monte Pindo.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
- Asociación MPPN.