O Pindo declaroulle o seu amor ó mar a pesar de todos os problemas no sector
Xa vimos como se desenvolveron os obradoiros para os máis pequenos da pasada semana. E hoxe coñecemos o acontecido no groso das VI Xornadas de Pesca, que este ano chegaba co fermoso lema "Amar o mar". Unhas xornadas que serviron para poñer enriba da mesa todos os problemas polos que está pasando o sector da pesca artesanal, e polos que tamén loita a Asoar-Armega no Parlamento Europeo.
Continúa así a Confraría do Pindo con estas Xornadas o seu traballo de dignificación do mundo do mar. E o fai a traves do seu proxecto Pindo Mariño (pindomarino.org) dende o cal segue achegando ao mar a toda a veciñanza da bisbarra, así como difundindo os problemas dun sector en perigo de extinción. De aí a necesidade de vencellar ás novas xeracións ao mundo do mar, e parece claro que o pósito carnotá consegue facer que esa relación sexa moito máis estreita.
Moitas foron as temáticas que se abordaron ao longo da fin de semana, e moitos foron os proxectos e iniciativas que se presentaron en sociedade, demostrando que o mar da Costa da Morte está moi vivo. Un dos temas máis recurrentes foi a denuncia da precaria situación do colectivo de mariscadoras de a pé, que serviu ao tempo para demostrar o papel da muller no mundo do mar.
Inaguración con música
O sábado tivo lugar a presentación, que incluíu a actuación a cargo do "Proxecto Pentalfa", nova banda de Bieito Romero, membro de Luar na Lubre, que xa saben que é un enamorado da nosa Costa e do Pindo.
Unha xornada para as mariscadoras
O sábado foi o día no que as protagonistas foron as mariscadoras. Varias profesionais compartiron un pouco da historia das mariscadoras da vila carnotá, contaron o seu día a día, e as trabas que levan vivindo dende os seus comezos nos areais.
Tamén participou o sábado Marta Dacosta presentando o proxecto "Un mar de Mulleres". Un proxecto desenvolto dende o Grupo de Acción Costeira GAC-9 de Ria de Vigo, sobre as mulleres que traballan no sector pesqueiro. Foi unha presentación moi emotiva que serviu para engrandecer a laboura destas bravas mulleres do país.
Ademais, Alfredo López, do Cemma, deu unhas nocións sobre a sostibilidade do medio mariño.
A noite sabatina pechouse cunha sardiñada popular, que como non podía ser doutro xeito, foi a sesión máis multitudinaria.
Domingo de tradicións
A sesión dominical comezou cunha recuperación tradicional, chegada doutro lado da Costa da Morte. O ceense Serxio Dominguez, da Asociacion Pedras Miúdas de Lires, explicou o traballo da súa entidade na recuperación de tradicións como o baile das patelas, tipico baile mariñeiro, ou a Danza de Arcos. De feito, os membros da asociación fixeron unha demostración foi celebrada no Pindo, que había moitos anos que non a vía de preto.
Tamén participou o Director do ISM de Muros, e Ramón Sestayo, de COGAMI, que falou do achegamento ao mar dos discapacitados da comarca de Muros.
Novas relacionadas
- O Pindo comeza a amar o mar dende a canteira.
- O Pindo decláralle o seu amor ao mar nas VI Xornadas de Pesca.
- V Xornadas de Pesca Pindo Mariño: As baleas tomaron O Pindo .
- IV Xornadas de Pesca: A vida volta ao mar dende O Pindo.
- O Pindo Mariño abre as súas portas para escolas e público en xeral.
Outras novas do mar
- ASOAR-ARMEGA volveu ser a voz da pesca artesanal no Parlamento Europeo.
- Os arqueólogos Felipe Senén en Tito Concheiro encontraranse no Monte Pindo.
- Programa do III Encontro Monte Pindo: O Monte Pindo volverá ser o punto de Encontro.
- A Reserva Mariña expande as súas redes en conferencias e en Festivais de Cine.
- Touriñán, Quilmas, Arou e o Cabo C volven esperar as piscifactorías.
- QUE PASOU NA COSTA: A época moderna (4ª parte): O mar como fonte de riqueza.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Información e fotos da Confraría do Pindo.