O veleiro máis luxoso do mundo paseou polas faldas do Olimpo Celta


Estampa case mítica a que protagonizaron na tarde de onte o mítico veleiro Sea Cloud (Nube de Mar), e o Monte Pindo. I é que o veleiro botou a áncora aos pés do Olimpo Celta para o disfrute dos seus tripulantes. A estampa que deixou o veleiro deixounos esta fermosa imaxe (que vemos gracias ás fotos de David Trillo), antes de que soltase amarras e deixase a fin do mundo dirección as Illas Cíes.
O Sea Cloud cumple este ano 80 anos e o celebra surcando os mares de todo o mundo como o veleiro máis luxoso do mundo.

Potencial turístico
Esta chegada reabre de novo o debate sobre a intención da Costa da Morte de situarse como un referente para cruceiros medianos. A ampliación do porto de Brens pode servir para atraer grandes cruceiros, que atraquen nas nosas augass e pasen uns días coñecendo os nosos tesouros.
Sería unha nova fonte de ingresos moi positiva para o sector turístico.
Novas relacionadas
- Novas exploracións submariñas nas augas da Ría de Corcubión.
- A Fervenza do Xallas en verso.
- O Pindo decláralle o seu amor ao mar nas VI Xornadas de Pesca.
- O Monte Pindo volverá ser o punto de Encontro.
- Monte Pindo: Pasto de cabras ou coto de caza?.
Fonte
- Nota de prensa da Asociación Monte Pindo Parque Natural.
- Foto de David Trillo.