Venres. 29.03.2024
El tiempo

Os costeiros do CD Iberia en NY superaron o furacán cunha gran cea polo 45 aniversario

Os costeiros do CD Iberia en NY superaron o furacán cunha gran cea polo 45 aniversario
Xogadores do CD Iberia na cea en NY dos 45 anos

Nada menos que 45 anos leva o fútbol da Costa deixando a súa pegada en Nova York. Xa coñecimos á familia do CD Ibeira, ese clube de emigrantes galegos, costeiros na súa maioría, que cambiaron os campos de Lombáns, Porto Cubelo ou Miraflores por algún estadio en pleno Barrio de Astoria. E estas semanas escoitáronse acentos da Costa da Morte por aló, que non se puideron manifestar por mor do furacán, ao que afortunadamente todos sobreviviron.

O clube celebraba o pasado 20 de outubro, a cea do 45 aniversario do C.D. Iberia nos salóns de Casa Galicia. Reuniron nada menos que a 260 persoas, cifra marca, coa intención de recadar algo de cartos que axuden a cubrir o orzamento do ano que vén. A cea foi un éxito total que duro ata as 3:30 da madrugada...

En total reuníronse 24 ex xogadores e 18 xogadores actuais. Dos ex xogadores cabe destacar que había 6 dos orixinais que xogaron en 1967 e outros 9 dos anos 70. O equipo regalouslle a todos os xogadores e ex xogadores unha bufanda do clube, como se poden ver as fotos que nos envía o presidente da entidade David Lago.
Un presidente ademais que está de noraboa, unha vez que vén de ser pai do pequeno Xosé Henrique. "Quen sabe se dentro dun anos estará xogando co Iberia e nos veráns no Campionato de Barrios co Carallo Santo (barrio da súa avoa materna) ou o Praias de Raimundes (barrio do avó materno)", apunta David.

Xogadores e ex xogadores do CD Iberia na cea dos 45 anos en NY

O paso do furacán

E cóntanos David como superaron o furacán que "afectou a moitísima xente na zona de New York e New Jersey. Hai moitos galegos afectados que sufriron danos importantes ás súas casas. A día de hoxe hai moita xente da nosa comunidade que aínda están sen luz e calefacción", explica David, dando conta da verdadeiras dimensións da catástrofe.

"Teñen xeradores que lles axuda a fornecer luz. Tamén obter gasolina é un problema porque a pouca que hai estana racionando. Unha situación complicada e hoxe chega outra tormenta que pode provocar mais inundacións nas zonas afectadas".

Un comezo deportivo inmellorable

En canto ao futbolístico, o C.D. Iberia mantense invito no que vai de tempada. 7 vitorias para empezar a tempada e unha vitoria no primeiro partido de Copa. O último partido xogado antes do furacán foi contra o segundo clasificado e gañámoslle 5-3.

No que vai de tempada varios xogadores da Costa da Morte están tendo un papel importante no equipo. Steve Nyarady (americano pero casado no Freixo) é o pichichi do equipo con 7 goles, seguido polo ourensán Andrew Rodríguez con 5, e o carnotán Antonio Trillo con 4 goles. Tamén cabe destacar as actuacións de dous novos rapaces de Muros que están xogando moi ben que son Cristian Sande e David Formoso. "Quédannos 3 partidos e os de copa antes do parón invernal e esperamos chegar invitos a esas datas", apunta optimista David.

Novas fichaxes muradás

Esta semana tamén ficharon a un ex xogador do Iberia, natural de Muros que estivo xogando cun equipo de Primeira División da Liga neoiorquina. Juan "O Mandelo" Lago xogou co Iberia durante 12 tempadas antes de pasar este ultimo ano cun equipo Grego de Primeira. "A súa presenza dentro do campo e fóra del é un plus para o equipo xa que é unha peza crave para o equipo". Cómpre destacar que durante os veráns é moi típico ver a Juan facendo a pre-tempada co Muros e xogando algún partido no campionato de Barrios de Esteiro con Abelleira (terra da súa nai).

Novas relacionadas

"De Carnota a NY", con Manuel Vilar

Outras novas

Fonte

  • Redacción de QPC ([email protected]).
  • Información e foto da man de David Lago, Presidente, C.D. Iberia.

Comentarios